ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

O Corpus de Referencia do Galego Actual serve de base para unha tese

O investigador Mario Barcala presentou na UDC o traballo, que enche un oco no campo dos corpus baseados nas novas tecnoloxías.

Redacción - 18:35 15/02/2010

O investigador Mario Barcala presentou este venres na Universidade da Coruña a súa tese de doutoramento, na que investigou sobre o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) do Centro Ramón Piñeiro. A tese, de Enxeñaría Informática, non se centra na lingüística, senón que aproveitou a experiencia dese recurso para extrapolala e poder aplicala noutros proxectos.

Segundo explicou Barcala, o obxectivo é, por unha banda, "definir unha metodoloxía xenérica para estruturar corpus. Partimos do CORGA para extrapolar esa metodoloxía a outros proxectos". Unha segunda parte da tese trata da "análise das tecnoloxías para buscadores lingüísticos".

O investigador considera que a metodoloxía recollida na tese é moi importante, porque "os últimos traballos deste tipo datan dos anos 70, con corpus baseados en tecnoloxías obsoletas". O seu traballo adapta esas ideas "ás novas tecnoloxías", usando como modelo o CORGA. "Hai moi poucos traballos que traten este tema", afirma.

A outra aplicación da tese é que propón "métodos de construción de sistemas de busca para estes corpus", de gran tamaño: "analizar cal sería a mellor tecnoloxía" para atopar información dentro deses corpus.

Barcala recalcou que o estudo non é estritamente lingüístico, senón que pretende aproveitar a ferramenta do Centro Ramón Piñeiro para desenvolver unha metodoloxía que se poida aplicar noutros proxectos de consulta de corpus de calquera campo. Até o momento había moi pouca información ao respecto.


3,63/5 (8 votos)

Comentarios (1)

Schopenhauer #1 hai 1 dia Schopenhauer
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Falades do dicionário Estravis, talvez?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: