A consulta de información financieira en Internet será
máis sinxela gracias a unha ferramenta galega
O sistema está pensado para facilitar a búsqueda de
información sobre mercados financieiros tantos ós analistas e inversores
profesionais como ós usuarios non profesionais. A empresa ferrolana 3.14 Financial Contents está a desenvolver o proxecto en colaboración con grupos de investigación das universidades galegas.
03-09-2003
Trátase dun proxecto pioneiro que estará preparado para
analizar todo tipo de textos electrónicos, dende xornais especializados ata
comentarios dunha persoa nun foro. Deste xeito , traballando sobre textos
con datos bursátiles e económicos de carácter xeral, poderase coñecer a situación
do mercado nun momento preciso.
Segundo o Director de Producto de 3.14 Financial Contents,
Manuel Míguez, unha das principais novidades da ferramenta será que o usuario
poderá empregar a súa propia linguaxe, facendo máis sinxela a consecución
de información completa e precisa sobre os mercados. A ferramenta
vai dirixida a todos aqueles que desexen ter información financieira. Estanse
a desenvolver diferentes aplicacións en función do cliente final pensadas
tanto para as empresas especializadas do sector como para os usuarios non
profesionais que precisen consultar este tipo de información.
As expectativas comerciais da ferramenta son moi altas, xa que é un producto
novedoso e punteiro a escala internacional, polo que se esta a desenvolver
en castelán e en inglés. É probable que posteriormente se desenvolva noutras
linguas.
A primeira versión da ferramenta, unha aplicación para profesionais, estará
dispoñible a partires do próximo mes, segundo Manuel Míguez. A versión xeneralista
para o usuario final estará dispoñible a finais do vindeiro ano.
Ademais da empresa 3.14 Financial Contents, no proxecto participan o grupo COLE,
un equipo de investigación en Intelixencia Artificial das Universidades de
A Coruña e Vigo, e o departamento de Lóxica da Universidade de Santiago.
O proxecto conta na súa financiación co apoio da Consellería de Innovación,
Industria e Comercio.
|