A Consellería de Innovación e Industria aporta 240.000 euros ao proxecto
Segundo as conclusións das mesas redondas “LADE: saídas profesionais”
Coa participación de destacados empresarios e economistas de Ourense
Os licenciados en Administración e Dirección de Empresas caracterízanse
pola súa rápida inserción no mercado laboral, o baixo nivel de paro co
que contan e a súa versatilidade para ocupar diferentes postos de
traballo. Estas son as conclusións ás que se chegaron nas mesas
redondas organizadas pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
e o Colexio de Economistas de Ourense nas que se analizaron as saídas
profesionais da titulación. Nelas, destacados economistas da cidade
contaron as súas propias experiencias ao rematar os estudos e
aconsellaron aos alumnos á hora de encamiñar o seu futuro.Nova edición do Programa de promoción do plurilingüismo na docencia
Destínanse 30000 euros a axudas
Un terzo de docencia en galego, castelán e inglés en todas as
carreiras. Esta é a aspiración que o director da Área de Normalización
Lingüística, Xosé Henrique Costas, agarda se materialice nun futuro a
través do Programa de promoción do plurilingüismo na docencia que un
ano máis ven de convocar a Vicerreitoría de Relacións Institucionais.O Gabinete Psicopedagóxico pon en marcha o programa "RelaXoves: xoves de relax"
En colaboración coa Concellería de de Igualdade, Xuventude e Voluntariado e Termalismo
A piques de comezar os temidos exames, son moitos os estudantes que
sofren síntomas de estrés e ansiedade que, ademais de repercutir nos
resultados académicos, poden producir problemas persoais. Para axudar a
superar con éxito este período, o Gabinete Psicopedagóxico do campus,
en colaboración coa Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado
e Termalismo de Ourense, pon en marcha o programa RelaXoves: xoves de relax,
do que as técnicas de relaxación e autocontrol serán o eixo central.
Ademais, e como novidade, as actividades previstas levaranse a cabo no
marco das termas de Outariz, a partir do 15 de maio e durante catro
semanas consecutivas.A Oficina de Voluntariado e Integración quixo recoñecer así o seu traballo
Realizou prácticas como auxiliar de conserxería no Edificio de Ferro
Como calquera outro bolseiro ao terminar as prácticas, Jacobo Rey, a
primeira persoa con Síndrome de Down que desenvolveu unha tarefa
profesional no campus, recolleu o seu certificado acreditativo. Con
nostalxia da conserxería do Edificio de Ferro, onde durante cinco meses
desempeñou labores auxiliares, Jacobo non marchou moi lonxe.
Actualmente segue a traballar na Universidade de Vigo, concretamente no
pavillón de deportes, aínda que xa cun contrato laboral.Segundo as investigacións do grupo Compiladores e Linguaxe, Cole, dirixido por Manuel Vilares
Cole lidera a Rede de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información
Mellorar as ferramentas de recuperación de información para que os buscadores como Google
funcionen con eficacia e flexibilidade grazas ao procesamento da
linguaxe natural é o principal obxectivo no que o grupo Compiladores e
Linguaxe, Cole, vén traballando dende hai 15 anos. Neste tempo, levou a
cabo trinta proxectos oficiais en convocatoria competitiva tanto
nacional como internacional, así como outros tantos contratos con
empresas e institucións. Ademais, un amplo abano de traballos
científicos, con centos de artigos publicados nos foros internacionais
máis prestixiosos, avalan o seu traballo.